¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

O PROXECTO ALAVOU

ALAVOU, Turismo & Experiencias pon en valor a singularidade, calidade medioambiental, paisaxística e cultural do territorio galego, especialmente da Ría de Arousa. ALAVOU quere ofrecer elementos turísticos atractivos e diversos, que transformen unha viaxe nunha experiencia vivencial completa para o usuario contribuíndo ao mesmo tempo a dinamizar económica e socialmente ao territorio dun xeito sostible.

Turismo de proximidade, territorio e as súas xentes son os principais elementos que definen ALAVOU: experiencias turísticas baseadas na integración das persoas visitantes no destino.

 

EXPERIENCIAS TURÍSTICAS

Alavou de Viños

 

ALAVOU DE VIÑOS

En Galicia existen 5 Denominacións de Orixe e 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de viño. As peculiaridades da zona e a riqueza do terreno dá ós viños un sentido especial, imposible de imitar e difícil de aproximar. Un viño galego representa a frescura e o equilibrio perfecto entre acidez e capacidade aromática, todo un pracer para os sentidos.

Na ría de Arousa, contamos con numerosas adegas onde poderemos catar os mellores caldos e coñecer de primeira man os diferentes procesos vitivinícolas. Completar esta visita a unha adega cun xantar e aloxamento en lugares singulares é o que che ofrecemos para pasar unha xornada inesquecible.

Alavou de Pesca

 

ALAVOU DE PESCA

A ría de Arousa, polas súas características biolóxicas, é unha das rías con maior riqueza mariña do mundo e conta cunha gran variedade de peixes, mariscos e crustáceos.

Ofrecémosche a posibilidade de pasar unha xornada de pesca nos principais caladoiros desta Ría a bordo dun barco de pesca, realizando posteriormente unha visita guiada ao museo Etnográfico Salgadeiras de Moreiras onde coñecerás a antiga salgadeira e as diferentes artes de pesca.

Un bo xantar nunha icona da gastronomía local e unha cea con cata nun aloxamento rural redondearán esta experiencia única na Ría de Arousa.

Alavou de Fortalezas

 

ALAVOU DE FORTALEZAS

Descobre os vestixios doutras épocas a través das Torres do Oeste en Catoira, a Torre do Cálogo en Vilanova e a de San Sadurniño en Cambados. Sistemas defensivos e de alerta que constitúen uns dos maiores tesouros do noso patrimonio, pedras que lembran as batallas con viquingos e outros aguerridos invasores.

Un percorrido guiado pola historia que amosa outra imaxe dos concellos que delimitan a Ría de Arousa.

Ademais de amosarche a historia, tamén terás a posibilidade de coñecer a gastronomía local e aloxarte nun entorno privilexiado.

Aalvou ao Mar

 

ALAVOU AO MAR

Galicia e o Mar, parella indivisible que marca e define xeográfica e culturalmente o noso territorio.

Alavou ao mar é ter a posibilidade de visitar os areeiros da Ría de Arousa para coñecer o proceso extractivo do marisco e a posterior poxa do mesmo na lonxa. Tamén coñecer artes de pesca e tipos de embarcacións singulares mediante a visita guiada, por exemplo, ao Museo do Mar de Rianxo.

E para repoñer forzas, completamos o día cun xantar, cea e aloxamento en establecementos locais referentes.

Alavou a Sálvora

 

ALAVOU A SÁLVORA

Visitar a Illa menos coñecida do Parque Nacional das Illas Atlánticas e avanzar polo labirinto rochoso que protexe a entrada a Ría de Arousa, formado polos illotes de Noro, Vionta, Herbosa e Sagres, constitúe unha experiencia única. Dámosche a oportunidade de facer un percorrido guiado para coñecer as súas praias, dunas, a capela e o faro que sinala esta perigosa zona onde aconteceron numerosos naufraxios.

Completar esta vivencia cun xantar en Corrubedo, un paseo polo entorno do seu faro cunha vista espectacular do Atlántico e unha cea e aloxamento en Ribeira, é a nosa proposta.

Alavou Accesible

 

ALAVOU ACCESIBLE

Ofrecer a posibilidade de realizar unha visita guiada accesible (discapacidade visual e mobilidade reducida) polo Centro arqueolóxico do Barbanza (Boiro), espazo que representa unha Barbanza en miniatura que axuda a entender mellor os restos e pegadas do pasado desta Comarca e da Ría de Arousa, ou ao Museo de Valle Inclán (adaptado para persoas con discapacidade visual), localizado na Torre de Bermúdez (A Pobra do Caramiñal) declarada Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional en 1976, que atesoura manuscritos orixinais dunha das figuras clave da literatura galega e española, é parte da nosa experiencia Alavou accesible. Visita a nosa web, consulta as diferentes propostas e configura a túa experiencia accesible.

 

Alavou de Festa

 

ALAVOU DE FESTA

Se algo define aos galegos e galegas é o seu carácter festeiro. É por elo que ao longo do territorio lévanse a cabo numerosas festas de diferente tipo, impulsadas na súa maioría pola propia cidadanía: gastronómicas, romarías, relixiosas, etc.

Dende ALAVOU elaboramos unha listaxe das principais festas de interese que se celebran nos concellos que conforman a Ría de Arousa, para mantervos informados/as sobre o seu cartel, actividades, novidades, cambios de última hora, onde comer e durmir, etc. Tamén vos damos a posibilidade de que se estades pensando en acudir a algunha delas, vos poñades en contacto con nós para organizarvos a viaxe e que non vos teñades que preocupar de nada máis que de gozar da festa.

 

BUSCAS ALGO EN ESPECIAL?

Podemos ofrecerche algo á medida dos teus gustos e espectactivas, so tes que contarnos o que che gustaría facer e nós elaboraremos unha experiencia vacacional especialmente deseñada para ti.

Contacta con nós!

 




Leo e acepto a política de privacidade